EF ED. INFANTIL
martes, 20 de decembro de 2016
luns, 19 de decembro de 2016
CAMPO A TRAVÉS EN PORTO DO SON
No día de hoxe asistimos á segunda xornada de Campo a Través, no circuíto sito no Campamento da Virxe do Loreto (Porto do Son). A pesar de ser unha mañá de moito frío, o sol acompañounos durante toda o momento e puidemos disfrutar das carreiras.
PREMENDO AQUÍ PODEDES ACCEDER AOS RESULTADOS
FOTOS
PREMENDO AQUÍ PODEDES ACCEDER AOS RESULTADOS
FOTOS
xoves, 15 de decembro de 2016
EXPRESIÓN CORPORAL
O traballo da expresión corporal en Educación Física consiste no uso do corpo e do movemento como elemento de expresión e comunicación. As súas posibilidades e beneficios son innumerables, como a mellora da desinhibición, a espontaneidade, a creatividade...
xoves, 1 de decembro de 2016
CAMPO A TRAVÉS EN NOIA
Hoxe asistimos á primeira proba de campo a través a Noia. O alumnado,
dende segundo a sexto de primaria, correu nun circuíto arredor do campo
de San Lázaro. Todos e todas o fixeron xenial e chegaron a meta, que era
o obxectivo que tiñamos. Esperamos que disfrutárades dun día especial
de deporte.
sábado, 19 de novembro de 2016
OS XOGOS POPULARES
Os xogos populares e tradicionais son aqueles xogos propios de Galicia e que se transmitiron dende hai moitos anos.
En primeiro e segundo curso da Educación Primaria estamos disfrutando de xogos como: o pano, o brilé, os zancos, a pita cega, etc.
En primeiro e segundo curso da Educación Primaria estamos disfrutando de xogos como: o pano, o brilé, os zancos, a pita cega, etc.
martes, 15 de novembro de 2016
CAMBIO NA DATA DO CAMPO A TRAVÉS
A organización do programa Xogade na zoa acábanos de confirmar o cambio na data de celebración da primeira proba de campo a través en Noia. Pasa a celebrarse o xoves 1 de decembro.
venres, 11 de novembro de 2016
DÍA DO TROMPO
Hoxe, no recreo, o alumnado puido disfrutar dun xogo tradicional de Galicia: os trompos. Como di o refrán: "polo San Martiño, peóns ao camiño"
venres, 4 de novembro de 2016
EQUILIBRISTAS EN 3º E 4º.
Logo do traballo do equilibrio, en 3º e 4º da educación primaria estamos traballando a percepción espacial e temporal.
sábado, 15 de outubro de 2016
5º e 6º
En quinto e sexto de Educación Primaria estamos traballando a condición física: resistencia, velocidade, flexibilidade e forza.
PSICOMOTRICIDADE EN EDUCACIÓN INFANTIL
En Educación Infantil tamén estamos coñecendo un pouco mellor o noso corpo a través de diferentes xogos. Aquí podedes ver a casa na que xogamos...
luns, 3 de outubro de 2016
HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS EN 3º E 4º
O desenvolvemento das habilidades motrices básicas é fundamental nas primeiras sesións do curso, xa que van permitir un traballo posterior máis eficaz.
No vídeo pódese ver unha actividade para o traballo dos saltos.domingo, 2 de outubro de 2016
COÑECEMOS O NOSO CORPO EN 1º E 2º
Esta semana, en 1º e 2º da Educación Primaria, comezamos a unidade didáctica "Coñecemos o noso corpo", durante a cal trataremos de afondar no coñecemento das diferentes partes do mesmo. A continuación tedes algunha imaxe dalgúns dos xogos realizados.
domingo, 18 de setembro de 2016
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS
O alumnado deberá traer para as clases de Educación física:
- Chándal e tenis.
- Un neceser para levar a cabo os hábitos de hixiene logo das clases de Educación Física. Incluirá polo menos: toalla, xabón e camiseta para cambiarse.
- Recoméndase traer un botellín de auga para unha correcta hidratación.
Cando un alumno/a non poida realizar
actividade física deberá
traer un escrito asinado polo pai/nai/titor
legal. Se non pode realizala durante varios días, o escrito acompañarase do
respectivo xustificante médico.
Requisitos mínimos para unha avaliación positiva: participar
de xeito activo nas actividades, respectar
aos compañeiros/as e mestres, coidar
as instalacións e materiais, traer o equipamento
deportivo, traer o neceser de
aseo, levar a cabo os hábitos de hixiene
corporal e presentar os traballos
seguindo as pautas e os tempos establecidos.
Blog de Educación Física: educacionfisicaesteiro.blogspot.com
sábado, 10 de setembro de 2016
BENVID@S AO NOVO BLOG
Dende a área de Educación Física queremos darlles a benvida ao novo curso escolar 2016 - 2017.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)