venres, 2 de febreiro de 2018

II LIGA DE BÁDMINTON

Para a semana botará a andar a II Liga de bádminton do cole de Esteiro. Durante os recreos xogaranse os partidos das dúas categorías: benxamín e alevín.
Os xogadores da categoría benxamín xogarán os martes e venres. Os da categoría alevín os luns e mércores.

TORNEO PROVINCIAL

O sábado  día 3 de febreiro celebrouse a fase provincial de campo a través na Coruña. A representante do cole, Daniela, fixo unha carreira excepcional e consiguei clasificarse entre as 8 primeiras de toda a provincia. Deste xeito, disputará o Campionato Galego o día 17 de febreiro na Pobra do Caramiñal.
NORABOA E SORTE DE NOVO!