domingo, 21 de novembro de 2021

DESCUBRIMOS O ACROSPORT EN 3º E 4º

 Nestes últimos días estamos desenvolvendo unha unidade didáctica da Acrosport, en 3º e 4º curso da Educación Primaria. Sen lugar a dúbidas son moitos os aspectos que se traballan nesta modalidade deportiva: coordinación, forza, equilibrio, ritmo, acrobacias, etc. Agora ben, unha das máis importantes é a do compañeirismo que esta práctica require, tendo que cooperar en todo o momento co resto do grupo para chegar ao obxectivo común. Aquí tedes algunha mostra...


 




XINCANA CAMIÑO DE AUGA E SAL

En esta entrada poden verse algunhas das fotos da xincana titulada CAMIÑO DE AUGA E SAL, que levamos a cabo nas últimas semanas na zona da praia, Alameda e parque do Artón. Os diferentes grupos dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, tiveron que camiñar durante varias etapas que compoñían a xincana e dar resposta a múltiples preguntas relacionadas co novo Camiño da Ría de Muros e Noia a Santiago. Ao remate, e logo de descifrar a mensaxe agochada, puideron conseguir a credencial do peregrino así como a tan ansiada Compostela. Bo camiño!!!






 

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

 No presente curso académico o centro foi seleccionado para participar nos PLANS PROXECTA +  no programa de PROXECTOS DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA. O programa ten como obxectivo principal abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
 


 

CURSO 2021 / 22