martes, 3 de decembro de 2019

CAMPO A TRAVÉS

Hoxe asistimos á primeira proba de campo a través do curso, no estadio Municipal de San Lázaro en Noia, logo de aprazarse en días anteriores pola choiva. Ó longo da mañá disfrutamos dun excelente día para a práctica do deporte e o alumnado pasouno xenial. A continuación amósanse algunhas fotos dalgunha das categorías, nos momentos previos ás carreiras.

Resultados Categoría Benxamín Feminino
Resultados Categoría Benxamín Masculino
Resultados Categoría Alevín Feminino
Resultados Categoría Alevín Masculino
Resultados Categoría Infantil Feminino
Resultados Categoría Infantil Masculino






luns, 16 de setembro de 2019

COMEZO DO CURSO 2019/20

O pasado mércores, día 11 de setembro, botou a andar un novo curso académico. Dende a área de Educación Física queremos darvos a benvida a todo o alumnado e ás familias, desexando que sexa do maior proveito posible.
A continuación lembramos algúns dos aspectos de interese a ter en conta para as clases de Educación Física:
- Traer chándal e tenis.
- Un neceser para levar a cabo os hábitos de hixiene logo das clases: con toalla, xabón e camiseta para cambiarse.
- Traer un botellín de auga.

Moitas grazas pola colaboración!!!

martes, 11 de xuño de 2019

VISITA AO CLUBE DE REMO ESTEIRA

Onte, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria achegouse ás instalacións da Asociación Deportiva Esteirana de Remo. Durante unha hora aproximadamente, técnicos do clube, amosáronnos as diferentes embarcacións coas que compiten: bateles, trainerillas e traineras. Tamén tivemos a ocasión de remar no foso de adestramento e de probar os ergómetros e outros aparatos do ximnasio.
Todos aqueles que queiran probar neste deporte tan completo poden facelo nos meses de xullo e agosto.




mércores, 8 de maio de 2019

TORNEO PROVINCIAL DE BÁDMINTON

O pasádo sábado, día 4 de maio, celebrouse o torneo Provincial de bádminton en Boimorto, con presenza de catro alumnos e alumnas do cole. Ainhoa, Samuel León, Dara e Simón fixérono de marabilla e conseguiron estar entre os mellores xogadores de toda a provincia. Noraboa aos 4.
Resultados.

venres, 26 de abril de 2019

Xogos con xornais

En sexto de infantil fixemos unha sesión con xornais. Aquí podedes ver algunhas fotos.

martes, 23 de abril de 2019

FASE INTERCOMARCAL EN OUTES

Este mércores disputarase en Outes a Fase Intercomarcal de Bádminton escolar, nas categorías benxamín e alevín.
Do cole de Esteiro serán un total de 25 alumnos e alumnas os que participen. SORTE!!!
No seguinte enlace poden verse os emparellamentos.
PARTIDOS
Logo da xornada disputada no día de hoxe (mércores), na que tod@s o fixeron xenial, foron catro os clasificados para o Torneo Provincial do día 4 de maio: Ainhoa (2º posto), Samuel León (2º posto), Dara (3º posto) e Simón (2º posto). NORABOA!!!




xoves, 11 de abril de 2019

FINAIS DO TORNEO DE BÁDMINTON

Hoxe celebramos no cole as finais e o terceiro e cuarto posto das categorías benxamín e alevín. Mateo e Pablo gañaron na final a Gabriel e Mario, 21 - 18 na categoría benxamín. Na categoría alevín, Simón e Juan Pablo venceron a Lois Muñoz e Iván Senande (21 - 14 e 21- 8). Iván e Samuel gañaron a Aarón e Lucas 21 - 10 polo terceiro posto e Dara e Cecilia fixeron o mesmo con Iván Lago e Lois García 21 - 14. Noraboa a tod@s!!!

martes, 9 de abril de 2019

FINAIS DE BÁDMINTON

Este xoves, a partir das 13:00 horas, celebraranse as finais do "III Torneo de Bádminton" do cole. Tamén terá lugar o terceiro e cuarto posto das categorías benxamín e alevín. Todos os cursos están convidados a ver estes partidos. Sorte a tod@s!

VISITA DOCE AO XIMNASIO

Na clase de onte de Educación Física recibimos unha visita moi agradable e, sobre todo, doce. Durante a sesión con cuarto curso viñeron alumnas de 5º e 6º curso con magdalenas feitas no obradoiro de cociña. Trouxeron unha para cada neno e nena e incluso tiñan un agasallo dentro: un Haiku feito por cada alumno e alumna. Esperamos vervos de novo proto!!!

luns, 1 de abril de 2019

FASE FINAL TORNEO DE BÁDMINTON

Unha vez rematada a fase de grupos do III Torneo de Bádminton do cole, que estamos disputando nos recreos, adentrámonos esta semana na súa Fase Final. 
A continuación podedes ver os emparellamentos correspondentes aos cuartos de final da categoría benxamín e alevín. 
Parabéns a tod@s que participástedes no campionato e sorte aos clasificad@s!!!
As semifinais quedan do seguinte xeito:
Categoría Benxamín:
- Samuel / Iván -------------Mateo / Pablo
- Mario / Gabriel------------Lucas / Aarón

Categoría Alevín
- Dara / Cecilia ------------- Iván S. / Lois M.
- Iván L. / Lois G. ----------Simón / Juan Pablo

venres, 1 de marzo de 2019

FASE COMARCAL DE BÁDMINTON

No día de onte asistimos á Fase Comarcal de Bádminton á Serra de Outes.Un total de 25 alumnos e alumnas clasificáronse para a Fase Intercomarcal, que terá lugar o día 24 de abril no mesmo escenario. MOITA SORTE!

TORNEO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado día 22 celebrouse o Torneo Provincial de Campo a Través Escolar en Noia, no campo de San Lázaro. Daniela Rama, de 5º curso, proclamouse campiona provincial e Matías García, de 3º, fixo unha carreira xenial.
Noraboa aos dous.

domingo, 27 de xaneiro de 2019

FASE INTERCOMARCAL

Este venes, día 25 de xaneiro, asistimos á Fase Intercomarcal de Campo a Través con 8 alumnos e alumnas do cole: Aleixo, Matías, Alejandro, Samuel, Adrián, Xandre, Lois García e Daniela. Todos o fixeron xenial e incluso acadamos un podio: o segundo posto de Daniela na categoría Alevín.
Nos seguintes enlaces podedes consultar os resultados e fotos da carreira.
RESULTADOS
FOTOS

xoves, 17 de xaneiro de 2019

CAMPO A TRAVÉS

Hoxe celebrouse a segunda proba de Campo a Través no circuíto do Loreto, en Porto do Son. O alumnado, dende 2º a 6º de primaria, disfrutou dun día marabilloso de deporte e todos eles o fixeron xenial. Ademais, 8 deles lograron clasificarse para a Fase Intercomarcal do venres 25 de xaneiro que se celebrará no mesmo lugar: Alejandro Garrido, Xandre, Aleixo, Matías, Samuel Peña, Adrián Piñeiro, Daniela e Lois García.
No seguinte enlace están os resultados: RESULTADOS