venres, 26 de abril de 2019

Xogos con xornais

En sexto de infantil fixemos unha sesión con xornais. Aquí podedes ver algunhas fotos.

martes, 23 de abril de 2019

FASE INTERCOMARCAL EN OUTES

Este mércores disputarase en Outes a Fase Intercomarcal de Bádminton escolar, nas categorías benxamín e alevín.
Do cole de Esteiro serán un total de 25 alumnos e alumnas os que participen. SORTE!!!
No seguinte enlace poden verse os emparellamentos.
PARTIDOS
Logo da xornada disputada no día de hoxe (mércores), na que tod@s o fixeron xenial, foron catro os clasificados para o Torneo Provincial do día 4 de maio: Ainhoa (2º posto), Samuel León (2º posto), Dara (3º posto) e Simón (2º posto). NORABOA!!!




xoves, 11 de abril de 2019

FINAIS DO TORNEO DE BÁDMINTON

Hoxe celebramos no cole as finais e o terceiro e cuarto posto das categorías benxamín e alevín. Mateo e Pablo gañaron na final a Gabriel e Mario, 21 - 18 na categoría benxamín. Na categoría alevín, Simón e Juan Pablo venceron a Lois Muñoz e Iván Senande (21 - 14 e 21- 8). Iván e Samuel gañaron a Aarón e Lucas 21 - 10 polo terceiro posto e Dara e Cecilia fixeron o mesmo con Iván Lago e Lois García 21 - 14. Noraboa a tod@s!!!

martes, 9 de abril de 2019

FINAIS DE BÁDMINTON

Este xoves, a partir das 13:00 horas, celebraranse as finais do "III Torneo de Bádminton" do cole. Tamén terá lugar o terceiro e cuarto posto das categorías benxamín e alevín. Todos os cursos están convidados a ver estes partidos. Sorte a tod@s!

VISITA DOCE AO XIMNASIO

Na clase de onte de Educación Física recibimos unha visita moi agradable e, sobre todo, doce. Durante a sesión con cuarto curso viñeron alumnas de 5º e 6º curso con magdalenas feitas no obradoiro de cociña. Trouxeron unha para cada neno e nena e incluso tiñan un agasallo dentro: un Haiku feito por cada alumno e alumna. Esperamos vervos de novo proto!!!

luns, 1 de abril de 2019

FASE FINAL TORNEO DE BÁDMINTON

Unha vez rematada a fase de grupos do III Torneo de Bádminton do cole, que estamos disputando nos recreos, adentrámonos esta semana na súa Fase Final. 
A continuación podedes ver os emparellamentos correspondentes aos cuartos de final da categoría benxamín e alevín. 
Parabéns a tod@s que participástedes no campionato e sorte aos clasificad@s!!!
As semifinais quedan do seguinte xeito:
Categoría Benxamín:
- Samuel / Iván -------------Mateo / Pablo
- Mario / Gabriel------------Lucas / Aarón

Categoría Alevín
- Dara / Cecilia ------------- Iván S. / Lois M.
- Iván L. / Lois G. ----------Simón / Juan Pablo