venres, 11 de setembro de 2020

CURSO 2020 / 2021

Dende a área de Educación Física queremos darlles a benvida a un novo curso académico que se presenta moi diferente ao habitual polo contexto no que estamos, pero á vez cargado de ilusión por retomar a maior normalidade posible.

Para o desenvolvemento das clases de Educación Física na etapa de Educación Primaria, o alumnado traerá chándal, tenis e un neceser con: xabón, toalla e camiseta (en todos os cursos da etapa excepto 1º).

Aconséllase traer un botellín de auga para unha boa hidratación.

Non se permite o uso de pulseiras, aneis, colares, pendentes ou outros elementos que poidan poidan provocar lesións durante as sesións.

Seguindo as instrucións así como o Protocolo Covid da Xunta, en Educación Física o uso da máscara será obrigatorio (agás que se realice no exterior e cumprindo unha serie de condicionantes ). O uso de materiais compartidos será minimizado, co cal, ao longo do curso solicitaráselles ao alumnado que traian da casa distintos materiais individuais para empregar nas sesións de Educación Física. Algúns destes materiais serán: pelota, corda, rolos de papel, entre outros. Coa debida antelación informaráselles dos días que deben traelos así como a forma de facelo.

Moitas grazas pola colaboración.