luns, 29 de outubro de 2018

TRABALLANDO O EQUILIBRIO

Logo do desenvolvemento das habilidades motrices básicas, damos paso ao traballo do equilibrio, capacidade presente en múltiples actividades das nosas vidas cotiás.


xoves, 11 de outubro de 2018

CALMA DESPOIS DO ESFORZO

Nesta primeira imaxe pódese ver ao alumnado de cuarto curso da educación primaria no momento da relaxación, ao remate dunha intensa clase de Educación Física.

ESQUEMA CORPORAL EN 1º E 2º

Nos primeiros cursos da etapa de Educación Primaria estamos realizando xogos e actividades que nos permitan coñecer mellor o noso corpo. Aquí podedes ver un exemplo no que o alumnado debuxa a silueta dun compañeiro/a no chan do ximnasio.


XORNADA DE CONVIVENCIA

O luns pola tarde celebramos unha xornada de convivencia no cole, na que participou toda a comunidade educativa (familias, alumnado e profesorado). Durante unha hora foron varios os xogos que fixemos: xogos con paracaídas, o gato e o rato, carreiras de relevos e, para pechar, o baile do Mosulmé.

martes, 2 de outubro de 2018

CURSO 2018 -19

Benvidos ao curso académico 2018-19!