Hoxe asistimos á primeira proba de campo a través do curso, no estadio Municipal de San Lázaro en Noia, logo de aprazarse en días anteriores pola choiva. Ó longo da mañá disfrutamos dun excelente día para a práctica do deporte e o alumnado pasouno xenial. A continuación amósanse algunhas fotos dalgunha das categorías, nos momentos previos ás carreiras.
Resultados Categoría Benxamín Feminino
Resultados Categoría Benxamín Masculino
Resultados Categoría Alevín Feminino
Resultados Categoría Alevín Masculino
Resultados Categoría Infantil Feminino
Resultados Categoría Infantil Masculino
EF ED. INFANTIL
martes, 3 de decembro de 2019
luns, 25 de novembro de 2019
luns, 16 de setembro de 2019
COMEZO DO CURSO 2019/20
O pasado mércores, día 11 de setembro, botou a andar un novo curso académico. Dende a área de Educación Física queremos darvos a benvida a todo o alumnado e ás familias, desexando que sexa do maior proveito posible.
A continuación lembramos algúns dos aspectos de interese a ter en conta para as clases de Educación Física:
- Traer chándal e tenis.
- Un neceser para levar a cabo os hábitos de hixiene logo das clases: con toalla, xabón e camiseta para cambiarse.
- Traer un botellín de auga.
Moitas grazas pola colaboración!!!
martes, 11 de xuño de 2019
VISITA AO CLUBE DE REMO ESTEIRA
Onte, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria achegouse ás instalacións da Asociación Deportiva Esteirana de Remo. Durante unha hora aproximadamente, técnicos do clube, amosáronnos as diferentes embarcacións coas que compiten: bateles, trainerillas e traineras. Tamén tivemos a ocasión de remar no foso de adestramento e de probar os ergómetros e outros aparatos do ximnasio.
Todos aqueles que queiran probar neste deporte tan completo poden facelo nos meses de xullo e agosto.
martes, 14 de maio de 2019
xoves, 9 de maio de 2019
mércores, 8 de maio de 2019
TORNEO PROVINCIAL DE BÁDMINTON
O pasádo sábado, día 4 de maio, celebrouse o torneo Provincial de bádminton en Boimorto, con presenza de catro alumnos e alumnas do cole. Ainhoa, Samuel León, Dara e Simón fixérono de marabilla e conseguiron estar entre os mellores xogadores de toda a provincia. Noraboa aos 4.
Resultados.
venres, 26 de abril de 2019
martes, 23 de abril de 2019
FASE INTERCOMARCAL EN OUTES
Este mércores disputarase en Outes a Fase Intercomarcal de Bádminton escolar, nas categorías benxamín e alevín.
Do cole de Esteiro serán un total de 25 alumnos e alumnas os que participen. SORTE!!!
No seguinte enlace poden verse os emparellamentos.
PARTIDOS
Do cole de Esteiro serán un total de 25 alumnos e alumnas os que participen. SORTE!!!
No seguinte enlace poden verse os emparellamentos.
PARTIDOS
Logo da xornada disputada no día de hoxe (mércores), na que tod@s o fixeron xenial, foron catro os clasificados para o Torneo Provincial do día 4 de maio: Ainhoa (2º posto), Samuel León (2º posto), Dara (3º posto) e Simón (2º posto). NORABOA!!!
xoves, 11 de abril de 2019
FINAIS DO TORNEO DE BÁDMINTON
Hoxe celebramos no cole as finais e o terceiro e cuarto posto das
categorías benxamín e alevín. Mateo e Pablo gañaron na final a Gabriel e
Mario, 21 - 18 na categoría benxamín. Na categoría alevín, Simón e Juan Pablo
venceron a Lois Muñoz e Iván Senande (21 - 14 e 21- 8). Iván e Samuel gañaron a Aarón e Lucas 21 - 10 polo terceiro posto e Dara e Cecilia fixeron o mesmo con Iván Lago e Lois García 21 - 14. Noraboa a tod@s!!!
martes, 9 de abril de 2019
FINAIS DE BÁDMINTON
Este xoves, a partir das 13:00 horas, celebraranse as finais do "III Torneo de Bádminton" do cole. Tamén terá lugar o terceiro e cuarto posto das categorías benxamín e alevín. Todos os cursos están convidados a ver estes partidos. Sorte a tod@s!
VISITA DOCE AO XIMNASIO
Na clase de onte de Educación Física recibimos unha visita moi agradable
e, sobre todo, doce. Durante a sesión con cuarto curso viñeron alumnas
de 5º e 6º curso con magdalenas feitas no obradoiro de cociña. Trouxeron
unha para cada neno e nena e incluso tiñan un agasallo dentro: un Haiku
feito por cada alumno e alumna. Esperamos vervos de novo proto!!!
luns, 1 de abril de 2019
FASE FINAL TORNEO DE BÁDMINTON
Unha vez rematada a fase de grupos do III Torneo de Bádminton do cole, que estamos disputando nos recreos, adentrámonos esta semana na súa Fase Final.
A continuación podedes ver os emparellamentos correspondentes aos cuartos de final da categoría benxamín e alevín.
Parabéns a tod@s que participástedes no campionato e sorte aos clasificad@s!!!
As semifinais quedan do seguinte xeito:Categoría Benxamín:
- Samuel / Iván -------------Mateo / Pablo
- Mario / Gabriel------------Lucas / Aarón
Categoría Alevín
- Dara / Cecilia ------------- Iván S. / Lois M.
- Iván L. / Lois G. ----------Simón / Juan Pablo
venres, 1 de marzo de 2019
FASE COMARCAL DE BÁDMINTON
No día de onte asistimos á Fase Comarcal de Bádminton á Serra de Outes.Un total de 25 alumnos e alumnas clasificáronse para a Fase Intercomarcal, que terá lugar o día 24 de abril no mesmo escenario. MOITA SORTE!
TORNEO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
O pasado día 22 celebrouse o Torneo Provincial de Campo a Través Escolar en Noia, no campo de San Lázaro. Daniela Rama, de 5º curso, proclamouse campiona provincial e Matías García, de 3º, fixo unha carreira xenial.
Noraboa aos dous.
Noraboa aos dous.
domingo, 27 de xaneiro de 2019
FASE INTERCOMARCAL
Este venes, día 25 de xaneiro, asistimos á Fase Intercomarcal de Campo a Través con 8 alumnos e alumnas do cole: Aleixo, Matías, Alejandro, Samuel, Adrián, Xandre, Lois García e Daniela. Todos o fixeron xenial e incluso acadamos un podio: o segundo posto de Daniela na categoría Alevín.
Nos seguintes enlaces podedes consultar os resultados e fotos da carreira.
RESULTADOS
FOTOS
Nos seguintes enlaces podedes consultar os resultados e fotos da carreira.
RESULTADOS
FOTOS
xoves, 17 de xaneiro de 2019
CAMPO A TRAVÉS
Hoxe celebrouse a segunda proba de Campo a Través no circuíto do Loreto, en Porto do Son. O alumnado, dende 2º a 6º de primaria, disfrutou dun día marabilloso de deporte e todos eles o fixeron xenial. Ademais, 8 deles lograron clasificarse para a Fase Intercomarcal do venres 25 de xaneiro que se celebrará no mesmo lugar: Alejandro Garrido, Xandre, Aleixo, Matías, Samuel Peña, Adrián Piñeiro, Daniela e Lois García.
No seguinte enlace están os resultados: RESULTADOS
No seguinte enlace están os resultados: RESULTADOS
luns, 14 de xaneiro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)