venres, 9 de decembro de 2022

NOVAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA EN PRIMARIA

 A continuación achéganse varias imaxes do traballo que se está realizando nos diferentes cursos da Etapa de Educación Primaria:

- Expresión corporal no 1º ciclo da etapa. Este traballo proporciona numerosos beneficios sobre o noso corpo como son: a mellora da creatividade, desinhibición, espontaneidade, expresión oral, as relacións sociais, entre outros.

-Acrosport no 2º ciclo. Ademais de mellorar notablemente a forza muscular, estreitamente relacionada coa mellora da saúde, permite establecer vínculos moi estreitos co resto dos compañeiros, ao ter que traballar en equipo para acadar os logros comúns.

- Habilidades motrices básicas no 3º ciclo. Centrámonos no traballo dos malabares con pelotas de tenis, xogos con globos e nos saltos con corda. Tanto un como outro traballo permiten mellorar aspectos coordinativos e de condición física.






luns, 14 de novembro de 2022

PSICOMOTRICIDADE EN INFANTIL

 Nestes días, na etapa de Educación Infantil, estamos a descubrir novas formas de desprazarnos polo espazo, o que nos permitirá ampliar o noso repertorio motriz. Nas seguintes fotos podedes comprobalo...





 


xoves, 6 de outubro de 2022

ORIENTÁMONOS DE MARABILLA

 A orientación é a capacidade que nos permite saber o lugar donde estamos e o camiño que debemos seguir para chegar a un determinado punto. En 5º e 6º de Primaria desenvolverémolo a través de xogos de buscas e pistas, traballo con planos do centro, carreiras, entre outros.

Na imaxe pode verse ao alumnado de 6º cos materiais logo dunha das primeiras sesións do curso.



HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS EN 2º CICLO

 En 3º e 4º estamos a traballar as habilidades motrices básicas, centrándonos neste momento no manexo de obxectos como o balón: pases, lanzamentos, recepcións, golpeos... Aproveitamos tamén este traballo para levar a cabo, no tempo de recreo, un campionato de brilé entre o alumnado de 3º e 4º. A través destes campionatos queremos traballar no alumnado os valores do respecto, esforzo e o compañeirismo. De seguro que o pasaremos xenial!!!








mércores, 5 de outubro de 2022

COÑECEMOS O NOSO CORPO EN 1º CICLO

 En primeiro e segundo curso da Educación Primaria estamos a traballar o esquema corporal a través do coñecemento dun mesmo e das partes que compoñen o noso corpo. 






martes, 4 de outubro de 2022

EDUCACIÓN FÍSICA EN INFANTIL

 Botamos a andar un novo curso na etapa de Educación Infantil e como non podía ser doutro xeito, fixémolo con un montón de xogos. Aquí podedes ver algunhas fotiños...




luns, 6 de xuño de 2022

XORNADAS DE DEPORTES NÁUTICOS

 Nestes últimos días, o alumnado de Educación Primaria gozou no cole dunhas xornadas de Deportes náuticos promovidos dende a área de Educación Física.

En primeiro lugar foi a quenda do piragüismo de augas tranquilas, a través da 

luns, 2 de maio de 2022

PSICOMOTRICIDADE EN EDUCACIÓN INFANTIL

 A continuación amosamos algunhas fotos do traballo que se fai na etapa de Educación Infantil, destacando o uso do xogo como elemento de aprendizaxe. Na primeira imaxe pode verse ao alumnado de 4º de Educación Infantil mellorando o seu equilibrio sobre uns bloques de colores. A continuación están os nenos e nenas de 6º de Infantil, realizando un percorrido (de saltos, arrastres, xiros, equilibrios, trepas...) que permite mellorar a súa coordinación e axilidade. Por último, o alumnado de 5º de Infantil pode verse nun momento da sesión de libre exploración, na que poden amosar a súa creatividade e imaxinación.




luns, 21 de marzo de 2022

XOGANDO AO BÁDMINTON

 Un ano máis retomamos o traballo dun dos deportes que máis gustan ao alumnado do cole: o Bádminton. Sen dúbidas é un deporte moi dinámico e que permite ao alumnado mellorar o seu nivel de destreza nun período de tempo pequeno.





mércores, 9 de febreiro de 2022

SESIÓN DE RUGBY EN 5º E 6º

 Hoxe Isaac, o auxiliar de conversa, achegounos a un deporte moi practicado en Inglaterra, de donde el procede. Dun xeito moi práctico e ameno amosounos algunhas das regras principais desta práctica deportiva. Tamén aprendemos que no rugby os pases entre os compañeiros do mesmo equipo deben facerse para atrás, polo cal é moi importante adoptar unha boa disposición e distribución de todos os xogadores no espazo de xogo. De seguro que repetiremos!!!





xoves, 20 de xaneiro de 2022

APRENDEMOS SOBRE RODAS EN 1º E 2º

 Neste segundo trimestre, en primeiro e segundo curso da Educación Primaria, estamos afondando no traballo das habilidades motrices básicas: desprazamentos, saltos, xiros, manexo de obxectos...

A continuación podedes ver unha pequena mostra da inmensa cantidade de posibilidades que proporcionan as rodas: equilibrios, arrastres, punterías, desprazamentos, etc.

Pasámolo xenial!!!