domingo, 19 de novembro de 2023

luns, 13 de novembro de 2023

EDUCACIÓN FÍSICA EN INFANTIL


 

EDUCACIÓN FÍSICA EN 3º E 4º

 Nas últimas clases de Educación Física estamos a facer un traballo das habilidades motrices e da condición física (forza, resistencia, velocidade e flexibilidade) que nos permitirán mellorar a nosa competencia motriz.





luns, 30 de outubro de 2023

EDUCACIÓN FÍSICA EN 5º E 6º


 



EDUCACIÓN FÍSICA EN 1º E 2º

 Nas seguintes imaxes podedes pódese ver ao alumnado de 1º e 2º curso da Educación Primaria nunha unidade didáctica de esquema corporal, empregando rolos de cartón e pelotas no xogo de volta á calma.





CURSO 2023-24

venres, 21 de abril de 2023

sábado, 18 de marzo de 2023

EDUCACIÓN FÍSICA EN 5º E 6º

 Nestes días estamos a traballar aspectos moi variados nas sesións de Educación Física. Por unha banda a forza, capacidade que cada vez se relaciona con importantes efectos beneficiosos sobre a nosa saúde e calidade de vida, de ahí a importancia do seu traballo e desenvolvemento. Por outra banda, comezamos o torneo de bádminton no tempo de recreo, cunha participación moi elevada do alumnado tanto de 5º como de 6º de Educación Primaria. 




EDUCACIÓN FÍSICA EN 1º E 2º

 A continuación podedes ver unhas imaxes do traballo que estamos a desenvolver en 1º e 2º de Educación Primaria, relacionado coas habilidades motrices básicas: desprazamentos, saltos, xiros... Todas estas habilidades contribuen na mellora da nosa coordinación, equilibrio, percepción e, en definitiva, da nosa saúde física e mental.





CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

 Este venres, día 17 de marzo, asistimos ao Campionato Provincial de Campo a Través, ás instalacións do Club de Campo, en Ferrol.

A pesar da mañá chuviosa e do terreo esvaradizo, Julia, Brais e Eloy fixeron unha actuación moi boa como representantes do cole. Parabéns aos tres!!!




mércores, 1 de febreiro de 2023

2ª XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

 Fotos da segunda xornada de campo a través en Porto do Son.








XOGAMOS AO BÁDMINTON!!!

 Un ano máis chega o momento de coller as raquetas e poñerse a xogar ao bádminton, un deporte moi interesante que nos permite mellorar aspectos tan importantes como a coordinación, o equilibrio, a percepción espacio temporal ou o compañeirismo.




EDUCACIÓN FÍSICA EN 1º E 2º

 Este segundo trimestre comezou con moita intensidade nas clases de Educación Física. Nas seguintes fotos podedes ver algúns recorridos con saltos e trepas e xogos con picas e rodas que nos obrigaron a estar cos 5 sentidos en marcha.








PSICOMOTRICIDADE EN XANEIRO

 A continuación amosamos algunhas das fotos das sesións de psicomotricidade, coas que comezamos este segundo trimestre. Nestas primeiras clases non faltaron xogos de ritmo, de coordinación, equilibrio, tono muscular, entre outros aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento motor dos nenos e nenas.