mércores, 1 de febreiro de 2023

2ª XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS

 Fotos da segunda xornada de campo a través en Porto do Son.








XOGAMOS AO BÁDMINTON!!!

 Un ano máis chega o momento de coller as raquetas e poñerse a xogar ao bádminton, un deporte moi interesante que nos permite mellorar aspectos tan importantes como a coordinación, o equilibrio, a percepción espacio temporal ou o compañeirismo.




EDUCACIÓN FÍSICA EN 1º E 2º

 Este segundo trimestre comezou con moita intensidade nas clases de Educación Física. Nas seguintes fotos podedes ver algúns recorridos con saltos e trepas e xogos con picas e rodas que nos obrigaron a estar cos 5 sentidos en marcha.








PSICOMOTRICIDADE EN XANEIRO

 A continuación amosamos algunhas das fotos das sesións de psicomotricidade, coas que comezamos este segundo trimestre. Nestas primeiras clases non faltaron xogos de ritmo, de coordinación, equilibrio, tono muscular, entre outros aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento motor dos nenos e nenas.