sábado, 18 de marzo de 2023

EDUCACIÓN FÍSICA EN 5º E 6º

 Nestes días estamos a traballar aspectos moi variados nas sesións de Educación Física. Por unha banda a forza, capacidade que cada vez se relaciona con importantes efectos beneficiosos sobre a nosa saúde e calidade de vida, de ahí a importancia do seu traballo e desenvolvemento. Por outra banda, comezamos o torneo de bádminton no tempo de recreo, cunha participación moi elevada do alumnado tanto de 5º como de 6º de Educación Primaria. 




EDUCACIÓN FÍSICA EN 1º E 2º

 A continuación podedes ver unhas imaxes do traballo que estamos a desenvolver en 1º e 2º de Educación Primaria, relacionado coas habilidades motrices básicas: desprazamentos, saltos, xiros... Todas estas habilidades contribuen na mellora da nosa coordinación, equilibrio, percepción e, en definitiva, da nosa saúde física e mental.





CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

 Este venres, día 17 de marzo, asistimos ao Campionato Provincial de Campo a Través, ás instalacións do Club de Campo, en Ferrol.

A pesar da mañá chuviosa e do terreo esvaradizo, Julia, Brais e Eloy fixeron unha actuación moi boa como representantes do cole. Parabéns aos tres!!!