mércores, 29 de novembro de 2017

1ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS

No día de hoxe celebrouse a primeira proba de Campo a Través, en Noia. O cole de Esteiro participou nas categorías benxamín, alevín e infantil e todos os nenos e nenas o fixeron xenial. A vindeira proba será no mes de xaneiro en Porto do Son.
Premendo aquí tedes acceso a mais fotos da proba. 




venres, 10 de novembro de 2017

DÍA DO PEÓN EN MUROS

No día de hoxe celebramos o día do Peón en Muros. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutou dunha xornada conmemorativa no Pozo do Cachón e logo no cole Ramón de Artaza. Ademais de escoitar o manifesto de Daniel Pino e escoitar a música arranxada para este día (de Gonzalo Brea), fixemos bailar trompos de xeitos moi diversos.

xoves, 9 de novembro de 2017

10 DE NOVEMBRO: CELEBRACIÓN DO DÍA DO PEÓN


Este venres celébrase o día do Peón en Muros. A asociación Brinquedia organiza un acto no que se levarán a cabo distintas actividades como:
- Obradoiro de decoración de trompos.
- Tirada conxunta.
- Lectura dun manifesto por parte de Daniel Pino
- Bailado de trompas
- Homenaxe a Arturo Romaní, autor da obra "Xogos infantiles de Galicia"

Gonzalo Brea e algúns dos alumnos e alumnas do cole colaboraron co arranxo dunha canción para conmemorar o día do peón.
No seguinte enlace podedes escoitala: Eu teño un trompiño

martes, 7 de novembro de 2017