No día de hoxe celebramos o día do Peón en Muros. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutou dunha xornada conmemorativa no Pozo do Cachón e logo no cole Ramón de Artaza. Ademais de escoitar o manifesto de Daniel Pino e escoitar a música arranxada para este día (de Gonzalo Brea), fixemos bailar trompos de xeitos moi diversos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario