luns, 30 de abril de 2018

SEMANA CULTURAL

O venres pechamos a Semana Cultural Contemporánea con unha xornada chea de actividades para o alumnado. Comezámola ás 10:10 con obradoiros para todos os nenos e nenas: Literatura, Charleston, visita á exposición, Photocall e obradoiro de xogos.
No ximnasio organizouse unha carreira por medio dun recorrido no que o alumnado tiña que superar elementos coma rodas, túneles, cilindros... e incluso unha pequena pelexa de balóns xigantes (ou churros) con un compañeiro/a. No patio curberto realizáronse xogos de forza coma a volta á tortilla, o remo, as pelexas de crocodilos, galiñas, etc.
A continuación, disfrutamos do guateque instalado no mesmo patio cuberto, coa colaboración da ANPA. Clausuramos as xornadas no salón de actos con unha proxeción a modo de resumo de toda a Semana Cultural.
Para o vindeiro curso esperamos repetir.

xoves, 12 de abril de 2018

TORNEO INTERCOMARCAL DE BÁDMINTON

No día de hoxe celebráronse os partidos clasificatorios para o torneo provincial de bádminton, no pavillón polideportivo de Outes. Do cole participaron: Aroa, Raquel, Noelia, Sofía, Joana, Marta, Daniela, Julia, Ainhoa e Samuel.
Aroa, Sofía, Noelia, Daniela e Samuel conseguiron o pase para o Torneo Provincial que se celebrará o día 5 de maio. NORABOA A TOD@S!




martes, 3 de abril de 2018

FINAIS DE BÁDMINTON

O venres, día 23 de marzo, xogáronse as finais de bádminton no colexio correspondentes ás categorías benxamín e alevín. 
Na categoría benxamín, Manuel Pais gañou a Iván Riomao por 21 -19, nun partido moi axustado e no que puido gañar calquera dos dous.
Na final da categoría alevín, Javier Maceiras venceu a Iván Lago por 21 - 14.

Os resultados das semifinais foron os seguintes:
Cateogría benxamín
Samuel León 18 - Iván Riomao 21
Manuel Pais 11 - Mateo Romero 11
Categoría alevín
Javier Maceiras 21 - Simón Rey 8
Iván Lago 21 - Noelia Sieira 18