O venres pechamos a Semana Cultural Contemporánea con unha xornada chea de actividades para o alumnado. Comezámola ás 10:10 con obradoiros para todos os nenos e nenas: Literatura, Charleston, visita á exposición, Photocall e obradoiro de xogos.
No ximnasio organizouse unha carreira por medio dun recorrido no que o alumnado tiña que superar elementos coma rodas, túneles, cilindros... e incluso unha pequena pelexa de balóns xigantes (ou churros) con un compañeiro/a. No patio curberto realizáronse xogos de forza coma a volta á tortilla, o remo, as pelexas de crocodilos, galiñas, etc.
A continuación, disfrutamos do guateque instalado no mesmo patio cuberto, coa colaboración da ANPA. Clausuramos as xornadas no salón de actos con unha proxeción a modo de resumo de toda a Semana Cultural.
Para o vindeiro curso esperamos repetir.
A continuación, disfrutamos do guateque instalado no mesmo patio cuberto, coa colaboración da ANPA. Clausuramos as xornadas no salón de actos con unha proxeción a modo de resumo de toda a Semana Cultural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario