luns, 26 de novembro de 2018

CONTINUAMOS CO TRABALLO DE FORZA

Na clase de hoxe retomamos o traballo das capacidades físicas básicas iniciado en semanas anteriores.
Na imaxe pode verse ao alumnado de 5º durante o xogo da volta á tortilla e logo do asalto ao castelo. 

XOGOS POPULARES

Durante as dúas últimas semanas e, aproveitando a celebración de magostos por boa parte de Galicia, achegámonos nas sesións de Educación Física aos xogos que xogaban os nosos avós e avoas.
Algúns destes xogos que practicamos foron a billarda, a rá, as carreiras de sacos, as chapas, os trompos, o pano, entre outros.

CAMPO A TRAVÉS

O pasado venres asistimos á primeira proba de Campo a Través do curso 2018/19, no estadio Municipal de San Lázaro, en Noia.
O cole de Esteiro participou nas categorías benxamín, alevín e infantil, dende 2º a 6º de Educación Primaria e todo o alumnado o fixo xenial.
A próxima proba será o mércores 19 de decembro en Porto do Son.
FOTOS