venres, 9 de novembro de 2018

COMEZAMOS COA CONDICIÓN FÍSICA EN 5º E 6º

As capacidades físicas básicas (forza, resistencia, velocidade e flexibilidade) están presentes en numerosas situacións das nosas vidas (ao levar a mochila ao colexio, correr para coller o autobús, atar os cordóns, etc.). Ao longo desta unidade, o alumnado experimentará dun xeito lúdico formas diversas de traballar e mellorar a condición física. Tamén deberán realizar un traballo sobre as catro capacidades e entregalo antes do 10 de decembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario