luns, 2 de novembro de 2020

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

Mañá martes, día 3 de novembro, a volta ciclista a España fará unha parada especial no concello de Muros, coa etapa contra-reloxo entre Muros e o Mirador do Ézaro. Dende a área de Educación Física queremos animar a todo o alumnado a que siga este acontecemento deportivo que ten unha grande repercusión mediática.



venres, 11 de setembro de 2020

CURSO 2020 / 2021

Dende a área de Educación Física queremos darlles a benvida a un novo curso académico que se presenta moi diferente ao habitual polo contexto no que estamos, pero á vez cargado de ilusión por retomar a maior normalidade posible.

Para o desenvolvemento das clases de Educación Física na etapa de Educación Primaria, o alumnado traerá chándal, tenis e un neceser con: xabón, toalla e camiseta (en todos os cursos da etapa excepto 1º).

Aconséllase traer un botellín de auga para unha boa hidratación.

Non se permite o uso de pulseiras, aneis, colares, pendentes ou outros elementos que poidan poidan provocar lesións durante as sesións.

Seguindo as instrucións así como o Protocolo Covid da Xunta, en Educación Física o uso da máscara será obrigatorio (agás que se realice no exterior e cumprindo unha serie de condicionantes ). O uso de materiais compartidos será minimizado, co cal, ao longo do curso solicitaráselles ao alumnado que traian da casa distintos materiais individuais para empregar nas sesións de Educación Física. Algúns destes materiais serán: pelota, corda, rolos de papel, entre outros. Coa debida antelación informaráselles dos días que deben traelos así como a forma de facelo.

Moitas grazas pola colaboración.

venres, 19 de xuño de 2020

REMATE DO CURSO

No día de hoxe remata o curso académico 2019-20.
Dende a área de Educación Física queremos darvos as grazas a todo o alumnado e ás familias polo esforzo e traballo feito nestes últimos meses.
Aproveitamos tamén para desexarvos un bo verán e esperar que no mes de setembro poidamos retomar as clases con normalidade.
Saúdos.

martes, 12 de maio de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Para acceder ás tarefas de Educación Física de cada un dos cursos dende un móbil, deben premer en "Ver versión web" para poder ver os contidos (dita pestana está situada abaixo de todo das entradas).

Moitas grazas!
- TAREFAS 1º CURSO
- TAREFAS 2º CURSO
- TAREFAS 3º CURSO
- TAREFAS 4º CURSO
- TAREFAS 5º CURSO
- TAREFAS 6º CURSO
- TAREFAS EDUCACIÓN INFANTIL

mércores, 22 de abril de 2020

COMO ACCEDER ÁS TAREFAS E RECURSOS

Para acceder ao traballo de cada un dos cursos da Educación Primaria e de Educación Infantil debedes premer na lapela do curso correspondente situada na parte superior do blog de Educación Física.
Moitas grazas!!!


domingo, 19 de abril de 2020

XOGUETE PARA FACER NA CASA

https://drive.google.com/open?id=1jFZDAxJQxYzDbPGaFyhRBZ2B29l7WV0n
Premendo na foto poderedes ver como elaborar un pequeno xoguete para disfrutar na casa. Atréveste a facelo???

xoves, 16 de abril de 2020

PROPOSTAS PSICOMOTRICIDADE

No seguinte enlace podedes acceder a diferentes xogos dirixidos ao alumnado de Educación Infantil.
XOGOS PSICOMOTRICIDADE


martes, 14 de abril de 2020

XOGO MUEVET EF PERO EN CASA

https://view.genial.ly/5e73b3c24aba9c1b7b82bc6c/game-muevetef
Xogo de Miguel Ángel Azorín

COMEZO DO TERCEIRO TRIMESTRE

No día de hoxe arranca o terceiro trimestre.
Dende a area de Educación Física queremos animarvos a continuar practicando actividade física diaria xa que son moitos os beneficios que nos pode aportar nestes momentos de confinamento.
Moito ánimo!!!

Imaxe: Dra. Ivys A. Figueroa-Sánchez

sábado, 4 de abril de 2020

xoves, 26 de marzo de 2020

mércores, 25 de marzo de 2020

NOVAS MISIÓNS EDUCACIÓN FÍSICA

No seguinte enlace preséntanse novas misións para os vindeiros días. Cada vez son un pouco máis complexas. Atréveste con elas?
MISIÓNS 2


NOVAS MISIÓNS PARA OS VINDEIROS DÍAS
MISIÓN 1: Comezamos a semana como equilibristas. Debedes coller unha caixa baleira de cartón (de cereais, galletas...) e tratar de mantela en equilibrio de 10 formas distintas: coa cabeza, no pé, coa man, no lombo... Serás capaz?
MISIÓN 2: Esta semana debuxaremos unha mariola. Podes creala como queiras e logo... a saltar!!! (Na páxina seguinte podes ver un exemplo de mariola).                      
MISIÓN 3: Para esta actividade polo menos dous debedes ser. Trátase de representar profesións, accións, películas (sen emitir ningún tipo de son). O compañeiro ou compañeira debe adiviñar de que se trata. Por exemplo: carpinteira ou médica (profesións), conducir ou xogar (accións), Ratatouille ou Frozen (películas).
MISIÓN 4: Esta semana construiremos un novo material: “A percha -raqueta”. Precisamos unha percha de arame, unha media vella e unha pelota pequena ou la coa que facer unha bóla. (Na páxina seguinte podes ver un exemplo).
MISIÓN 5: Acrosport. Como sabedes trátase dunha modalidade que combina equilibrio e acrobacia. Atréveste a facer algunha figura por parellas ou tríos? (Na páxina seguinte tés unhas ideas). E lémbrate da seguridade!
MISIÓN 6: A condición física debes mellorar e para iso un recorrido debes crear. Emprega todo o teu enxeño para facelo (con paus, caixas, xoguetes, bonecos...). Podes incluír saltos, arrastres, equilibrios, desprazamentos cara atrás...
MISIÓN 7: Como o corpo temos que seguir movendo, atréveste con outra coreografía e con outro estilo diferente?  
IMPORTANTE: Ás misións 5, 6 e 7 podes sacarlles fotos ou gravalas en vídeo (e gardalas en drive ou dropbox) e mandar as fotos ou os enlaces ao correo: educacionfisicanacasa@gmail.com poñendo en asunto: Misión EF. Serán publicadas no blog de Educación Física. É importante que no caso dos vídeos solo se mande o enlace de drive ou dropbox.

sábado, 21 de marzo de 2020

luns, 16 de marzo de 2020

TAREFAS EDUCACIÓN FÍSICA

No seguinte enlace podedes acceder a un documento con unha serie de misións para esta semana, dirixidas ao alumnado de Educación Primaria. Moita sorte e ánimo!!!
MISIÓNS EDUCACIÓN FÍSICA
XOGOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

martes, 18 de febreiro de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA NO ENTROIDO

Ao longo de esta semana, estamos a celebrar o entroido no cole e as clases de Educación Física e de Psicomotricidade énchense de moita cor.
Aquí podedes ver unha mostra...



luns, 17 de febreiro de 2020

PSICOMOTRICIDADE

En Educación Infantil continuamos co traballo de coordinación comezado no primeiro trimestre. Na imaxe pode verse un recorrido que inclúe diferentes tipos de desprazamentos, saltos e xiros. Que ben o pasamos!!!



xoves, 6 de febreiro de 2020

COMEZA O IV TORNEO DE BÁDMINTON

Este venres, día 7 de febreiro de 2020, comezou o IV Torneo de Bádminton que se celebra durante os recreos, dirixido a alumnado dende 3º a 6º de Educación Primaria.
Os partidos da categoría benxamín (3º e 4º) serán os mércores e venres; mentres que os da categoría alevín (5º e 6º) serán os martes e xoves.
Moita sorte e a disfrutar do torneo!!!

mércores, 22 de xaneiro de 2020

I PROBA BÁDMINTON

Hoxe asistimos ao pavillón polideportivo de Outes á primeira xornada de bádminton, clasificable para o torneo intercomarcal. Un total de 49 alumnas e alumnos do colexio disfrutaron dunha mañá excelente para a práctica deportiva, dos cales 33 se clasificaron para a vindeira xornada.
Noraboa a tod@s!!!

sábado, 11 de xaneiro de 2020

2ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS

Onte, día 10 de xaneiro, celebrouse a segunda xornada de Campo a Través no Campamento da Virxe do Loreto, en Porto do Son. Esta proba fora aprazada polo temporal no mes de decembro.
Premendo enriba da foto pódense ver os resultados acadados polo alumnado. Fernando Sieira de 2º curso acadou a clasificación para a Fase Intercomarcal do día 17 de xaneiro, en Noia.
Parabéns a tod@s @s participantes!!!
https://drive.google.com/file/d/1do3PkbwMMHS_Go8F_yITbh8RmRF0wook/view?usp=sharing