MISIÓNS 2
NOVAS MISIÓNS PARA OS VINDEIROS DÍAS
MISIÓN 1: Comezamos a semana como equilibristas. Debedes coller
unha caixa baleira de cartón (de cereais, galletas...) e tratar de mantela en
equilibrio de 10 formas distintas: coa cabeza, no pé, coa man, no lombo...
Serás capaz?
MISIÓN 2: Esta semana debuxaremos unha mariola. Podes creala
como queiras e logo... a saltar!!! (Na páxina seguinte podes ver un exemplo de
mariola).
MISIÓN 3: Para esta actividade polo menos dous debedes ser.
Trátase de representar profesións, accións, películas (sen emitir ningún tipo
de son). O compañeiro ou compañeira debe adiviñar de que se trata. Por exemplo: carpinteira ou médica (profesións), conducir ou xogar (accións), Ratatouille
ou Frozen (películas).
MISIÓN 4: Esta semana construiremos un novo material: “A percha -raqueta”.
Precisamos unha percha de arame, unha media vella e unha pelota pequena ou la
coa que facer unha bóla. (Na páxina seguinte podes ver un exemplo).
MISIÓN 5: Acrosport. Como sabedes trátase dunha
modalidade que combina equilibrio e acrobacia. Atréveste a facer algunha figura
por parellas ou tríos? (Na páxina seguinte tés unhas ideas). E lémbrate da
seguridade!
MISIÓN 6: A condición física debes mellorar e
para iso un recorrido debes crear. Emprega todo o teu enxeño para facelo (con
paus, caixas, xoguetes, bonecos...). Podes incluír saltos, arrastres,
equilibrios, desprazamentos cara atrás...
MISIÓN 7: Como o corpo temos que seguir movendo,
atréveste con outra coreografía e con outro estilo diferente?
IMPORTANTE: Ás misións 5, 6 e 7 podes sacarlles
fotos ou gravalas en vídeo (e gardalas en drive ou dropbox) e mandar as fotos
ou os enlaces ao correo: educacionfisicanacasa@gmail.com poñendo en asunto:
Misión EF. Serán publicadas no blog de Educación Física. É importante que no
caso dos vídeos solo se mande o enlace de drive ou dropbox.
Ningún comentario:
Publicar un comentario